Caderno de resina vermella

40

description

Escolma poética de María Ángeles Pérez López en galego, con tradución de Xavier Frías Conde.

Transcript of Caderno de resina vermella

Page 1: Caderno de resina vermella

CADERNO DE RESINA VERMELLA Mª Ángeles Pérez López

Page 2: Caderno de resina vermella

2

Page 3: Caderno de resina vermella

3

Mª ÁNGELES PÉREZ LÓPEZ

CADERNO

DE RESINA VERMELLA

Page 4: Caderno de resina vermella

4

© Texto: María Ángeles Pérez López © Traducción: Xavier Frías Conde

© Edición: Lastura

www.lastura.org [email protected]

Enero, 2014.

Edición digital para descarga gratuita.

Page 5: Caderno de resina vermella

5

Page 6: Caderno de resina vermella

6

Page 7: Caderno de resina vermella

7

A muller pinta os seus pés de verde e sobe neles.

Dos calcañares nace o odio do asfalto,

a súa renegrida capa de petróleo

a betumar paxaros e nenos,

forma de aminoácido esencial

que desgasta as asas, a barbuza,

as bucinas brancas a se bateren

contra o rancor viscoso da brea.

Cunha brocha grande, a muller

pinta o verdor escuro das augas

en que esvaran os arenques

e mais os seus aneis de ar tan livián,

tamén os hipocampos, as baleas,

os moluscos mariños que brincan

en lameiros de posidonias vivas

e se aparean no nome do amor.

Na mesma a herba das lameiras,

o balor cariñoso e as folgueiras

comezan nas dedas desiguais

dos pés e remontan para os xeonllos

como salmóns mornos a desovaren

á altura feliz dos cadrís.

Page 8: Caderno de resina vermella

8

Detén o preto sudario do benceno

que atrapa gaivotas e as aventa

contra a area triste, estraña

do tempo e do esforzo alcatranados,

a muller encarna nos seus dous pés

e ceiba o corazón como unha rula.

a Guillermo Samperio, todos os zapatos do mundo.

Page 9: Caderno de resina vermella

9

Cando comeza o día, a muller

pinta unha pedra branca e outra preta

sobre as súas dúas mamilas agrandadas.

No seu corpo que vén de se estrear

e é fráxil e flexíbel intersección

entre o ar e a pel recén lavada,

enxerta os sinais, cicatrices,

feridas resecas polo tempo

ou abertas flores frescas, espalladas

sobre o corpo sen fin dos outros.

A longa costura de puntos no van

da cesárea que nunca tivo,

as pencas que non ten, os tecidos

que soldan as lesións subcutáneas

e poboan territorios perturbados

pola erosión, a lingua do incendio,

o piercing azulado que non ten,

a marca rosada no xeonllo

do fillo, que contempla con tristura

por se algún día houbese procurar

o óso morto no raíl do comboio,

compoñen o grafite do seu corpo,

pespuntos da pel que a outros importa

e ela escrebe na de seu cando se ergue.

Page 10: Caderno de resina vermella

10

Como unha tatuaxe vermella en pedra de gra

pinta un vítor con sangue de animal

sobre a súa pel elástica, versátil

e anota na súa epiderme os antollos,

as nódoas, os estigmas, os indicios

do paso do vivir sobre os corpos.

En rematando o día, quitará

cun borrador moi grande

os signos, os escuros hematomas

so os que a pel é folla en branco.

O mesmo sangue vermello da pedra,

pigmento preto e branco da pedra

que quentaba o vermello corazón

será area invisíbel e diluída.

Mais de mañá, da que acoden

o día e mais as súas promesas pesarosas,

a muller enchóupase en palabras

que son mel a esvarar densamente

coma lingua de pole amarelo,

estría que é amor e que é estrago.

a Rafa Pontes

Page 11: Caderno de resina vermella

11

Como os elefantes, a muller

inquiétase perante os ósos da súa especie,

mexe nervosamente a cabeza,

extravíase e tropeza coa súa dor.

Os esqueletos longos, mascaróns

que aventan ao mar e o plistoceno

para durmiren, lavados pola auga

até viraren láminas de luz,

son unha ferida aberta e silente

que os grandes mamíferos erguen

con tal delicadeza, con cairos

no seu arabesco e a súa melancolía.

Porque os elefantes, a muller,

alzan a osamenta dos de seu

e arrólanos cos seus grandes dentes,

méxenos con paixón e con delirio.

Como os elefantes, a muller

cobre a súa pel de area e de térmites,

aventa as súas costelas, ao seu lombo

a terra dos seus mortos, recóbrese

da súa aspereza seca, refacho

ou lufada de tempo calcinado

Page 12: Caderno de resina vermella

12

e canta amodo unha cantiga

que na súa baixa frecuencia apenas escoitan

conxéneres afastados, primordiais.

Cando pinta os seus dentes de marfín,

destina opaca e branca, romboidal

que prestixia a súa boca e a súa ledicia,

a muller talla neles a aflición

preciosa, endurecida coma unha laxe

que atravesa a luz e a somete.

a Esteban Peicovich, por “O outro amor”

a Charo Ruano

Page 13: Caderno de resina vermella

13

A muller pinta os seus pés de vermello e descálzase.

So as súas roupas, o corpo é transparente

e é atravesado polo tempo e os seus cristais.

Cando se mexe ausente de si propia

e se disolve mol na recolla

da vertixe que trae a atrocidade,

bórranse as cores do seu corpo,

medusa oleaxinosa e invisíbel

que precipita a auga e a dor

ceibando de alacráns a mañá.

Por iso se rebela contra o branco,

inventa outro mar vermello e o seu prodixio,

o corazón aberto e mercurial.

Co sangue tan vermello e ledo

da barra prendida de carmín

pinta un fégado tenro no exacto

milimétrico lugar para o seu fégado.

Sobre o pulmón debuxa un outro pulmón,

o óso do peronio sobre a súa perna

e sobre ela, un bisonte que non morre.

Para a aorta, un fío finísimo

por onde corren poldros e hemacias,

Page 14: Caderno de resina vermella

14

na xema do dedo principal

un cosco valente e diminuto

que avanza de aeroporto en aeroporto

e xibariza o medo, os desastres.

E na matriz, o mar e os seus sinos.

Sobre o seu corpo branco de dores,

translúcido no tempo asolagado

das flores que morren sen alento,

pinta un corpo enteiro, avermellado

coma un sol vexetal e imprescindíbel.

a Paqui Noguerol, outra vez

Page 15: Caderno de resina vermella

15

Sobre o seu peito morto, a muller

pinta unha grande xanela para o ar.

O corazón, na súa áspera ledicia,

debruza para o sul a súa sala octogonal

polo oco do seo que extirparon

a doenza, a man, o bisturí.

Sobre o seu peito morto, a muller

raspa calquera lembranza dolorosa

e colorea o sopro e o zunido

da arroutada vermella de ficar.

O hospital apágase na súa brancura,

esa sala de espera é non lugar,

o cuarto sen bágoas nin oliveiras

é tamén non lugar, os lavatorios

e elevadores que nunca se deteñen,

o corredor alongado coma o medo

de biopsia en biopsia é non lugar.

A nai coseulle dous grandes seos

con fío destrenzado do cordón

que a amarraba ao tempo e os seus asomos.

Agora, un médico serio, preocupado

descose un deles, retírao

Page 16: Caderno de resina vermella

16

en silencio e a extensa cicatriz

que corre polo tórax coma a friaxe

abura as paisaxes da tundra.

Mais sobre o seu peito, a muller

sombrea unha árbore preta, transversal

por mor da ira de se perder no outono.

Tamén nubes e nenos anhelantes

na súa transpiración e o seu rebumbio

para mollaren a tarde e mais as palabras.

O vento que entra en tromba despeitéaa

e o seu riso é un paxaro veloz.

Page 17: Caderno de resina vermella

17

La muller pinta o corpo de azafrán

após a maceración das dores.

O tempo liberou o seu tanino,

a pedra e a madeira viraron

escuma microscópica e febril

que rubiu coma a hedra polos arcos

con que a praza inventa as alturas

e recebe con vehemencia a nevasca.

Tamén na muller penetra o vento

por todos os recantos, medallóns

que pendurou con xenreira na lapela

mentres pintaba nela e as súas malas

de súpeto coloreadas de castaño

ou de vermello sombrío polo serán,

o brandy que adormece nas barricas

e larga os seus antollos e a súa idade.

Sobre as coxas altas e dorsais

de pedra de gra a soñar en remoíños,

a muller traza un mapa de isóbaras

con que veñen a luz e mais os naufraxios,

o día e as súas clausuras, a súa pedreira,

os toros que o Pacífico retorna

cun amor furioso e impaciente.

Page 18: Caderno de resina vermella

18

Tamén os outros mares depositan

nela e no seu ventre mineral

como unha praza grande e de pórticos

o propio corazón do tempo

pola súa estigma de xermolo, insensatez

de azafrán ou de especias amarelas

con que inventar o xúbilo e o sol.

Page 19: Caderno de resina vermella

19

Sobre o esmalte rosa das unllas

a muller é a bárbara ritual

que pinta o seu bulir avermellado

en seiva que atravesa o corazón.

Nesta cerimonia sen cinza

o tempo e os seus velenos plastifican,

o ermo do odio e do vivir,

a proliferación, o desconforme

e no canto do pincel ten a lingua

festiva e enchoupada, vexetal,

para a increnza e a desfeita.

Con ela xa non doe o desespero,

a estela coma un grilo adormentado

sobre a pinga vermella e diminuta

que luxa as mañás das segundas feiras.

Cando ela se ergue. os seus xeonllos

avermellan tamén, os seus pasos vermellos

como esmalte que é plástico no plástico:

a lágrima flexíbel de pintura

que cae sobre as unllas, as irmanda.

Page 20: Caderno de resina vermella

20

As súas células, xa mortas, rubecen

e a cor devólvelles os afáns

coa súa incisión de escuma, circunloquio.

Sobre o esmalte rosa, a muller

foi deixando capas de pigmento,

bocadiños esmagados de sementes

e rastros de materia encarnizada

no seu alboroto contra o desacougo.

O esmalte mantén a inquedanza

que chamamos amor, e a súa insolencia

coma un festexo vermello e desmedido.

á outra Raquel, pola segunda vez mais non definitiva

Page 21: Caderno de resina vermella

21

A muller é un belo, implacábel animal

que pinta con neve o seu corazón.

Unha osa que hiberna longamente

mais pare as súas crías na friaxe,

un animal feroz, ultrapasado

pola súa propia paixón, temperatura

que fai sumir a xeada e os desaires.

Mentres o oso dorme, rolda,

mastiga preguizoso as lembranzas

e rebaixa a súa taxa metabólica,

ela desgasta o tempo do glaciar

como xeo que vive a súa treboada,

o seu estoupido feliz, cristalográfico

que lle devolve o modo máis flexíbel

e líquido, tamén nomeado amor

ou regueiro que lle escorrega polas patas

e fai escorrer o fillo, os osesnos

até o chan en que haberán erguerse.

Daquela toma neve e aquece

o corazón branquísimo e ardente

na súa aterecida cova silenciosa.

Page 22: Caderno de resina vermella

22

Nada temerá, coas súas dúas mans

arranca as súas criaturas, as súas mágoas,

baixa vida quente polas súas inguas,

dos seus ósos inmensos e esponxosos

que abren con dor da que hiberna.

As bágoas do esforzo e da ledicia

pintan de sal as súas sedas entumecidas

e ao caeren sobre o chan disólvenas.

Co branco perfecto sobre o branco,

a floración arisca do inverno

reverdece igual que a muller.

a Luis Santos

Page 23: Caderno de resina vermella

23

No limite exacto do seu corpo,

a muller pinta enteira outra muller:

sobre o recanto do cóbado, un novo cóbado;

na pedra esmeralda do ouvido

unha flor engastada en cor verde;

no oco aterecido do seu peito

en que entraron de súbito as pombas

e beberon cinzas e reproches,

o corazón doente, desgastado

e a súa vermella resina primordial;

no ventre prendido do desastre,

unha muller sentada nunha cama

estreita e diminuta dun hotel,

mentres le unha folla que non entende.

Das súas orellas bonitas, presumidas,

baixaron os cabaliños do demo azuis,

dos seus pés, os zapatos de taco,

e está sentada, soa e sen consolo

sobre unha cama estreita e diminuta

onde le unha folla que non entende.

Talvez fale de flores e abandonos,

do pincel e do seu cabelo arrebatado

Page 24: Caderno de resina vermella

24

que ulcera a anilina, a lembranza

e apaga coas súas bágoas as letras,

o óleo que se mestura co sal

e perde as cores, a ledicia.

No limite exacto do seu corpo,

sobre o perfil diluído, sen aceites

de durmideira ou de liño, sen verniz

que protexe o seu sexo do desaire

no dó imposíbel deste amor,

a muller pinta enteira outra muller.

Entrambas sentan xuntas e abrázanse.

a E. Hopper, por “Hotel room”

Page 25: Caderno de resina vermella

25

A muller pinta de chumbo as súas mamilas.

Véncena as coraxes, as feridas,

o dedo que aperta contra o ar

unha queixume de chumbo, un berro longo

que ficou descalzo e sen pendentes.

Ao camiñar furiosa contra o vento

que luxa as súas cadeas de follas mortas

e anacos de xotas cubertas de lama,

sacode ás labazadas a cal viva

con que a ditadura borrara

os seus pés e as súas présas, a beleza.

Daquela aparecen as dez dedas,

media sola aterecida dun zapato

que camiñou ruidoso polo mundo,

restos moles de tea indescifrábel

e un berro que rebenta no seu metal

porque hai cabelos adheridos a esa dor

e a muller camiña arrebatada

coa súa vermella clavícula na man

para escribir o seu nome nas paredes

e na calcinación da caliza.

Do reverbero abúranlle as mamilas

Page 26: Caderno de resina vermella

26

mais en chegando a tarde, consólase:

a tibia, o peronio do seu esqueleto

desligan o rancor branco da cal

e disolven o óxido e o talco,

o medo, as fracturas, os manteis,

a auga endurecida polo odio.

E cando dorme, esquece que en Oswiecim

gardan o cabelo humano nunha nave.

No chan hai, ademais, unha meniña

que dorme acomodada a feito

sobre un sol acabado de circular

como unha tanxerina luminosa.

Page 27: Caderno de resina vermella

27

Cun marcador de ponta verde

que verte a súa menta e a súa espesura

sob a estrita lei dos fluídos

(a presión hidrostática, a coraxe),

a muller pinta un lameiro e un saltón

sobre a súa calvela branca e aterecida.

Escrebe insectos grandes, cariñosos

e formigas diminutas que adormecen

en follas prendidas de verdor

como se fosen formas de metal

que brillan en silencio na madeira.

Sobre o seu cranio branco e aterecido

escrebe a cántiga dos térmites

cando mascan o tempo e os cacheiros,

unha colección de escaravellos

que inventaron o corpo mineral,

eirugas luminosas e valentes

que quebran a crisálida e non choran,

esta caste de novo nacemento

nas arganas minúsculas de herba

que arrasan a cinza e a súa matriz.

Na súa cabeza branca e aterecida

Page 28: Caderno de resina vermella

28

que perdeu os cabelos, a coraxe,

as follas máis escuras dos pastos,

a muller atenúa os velenos

e pinta unha campa accidentada

onde hai formigueiros, seixos

e un cubo de cemento e de tixolo

que produce enerxía nuclear.

Contra ela escribiron os insectos.

A tinta florecida en cor verde

empobrece o uranio e a súa dor.

a Juan Epple, a José Luis Coomonte, a Javier Rodríguez Marcos

Page 29: Caderno de resina vermella

29

A muller é un paxaro que arrasa

as tardes prendidas polo sol

mentres pinta no seu corpo a memoria

como unha flor de pedra para o ar.

En cada poro exacto, imperceptíbel

quedan fixados libros e retratos;

o altísimo arco da súa entrada

sostén contra o tempo e o seu insuceso

as pernas da atlante que suxeita

as horas e os días, os labores

como almofariz que canta as súas andainas.

Non hai fixación, maior ancoraxe

na lenta queda cara á morte

dos muros, os auxes, os vencellos

e asemade, co seu piercing na lingua,

coa súa lingua dourada de metal,

a muller move o mundo e trastórnao,

arrástrao e conmociónao contra si,

arrasa como un paxaro os seráns

e inventa superficies agarimosas

con plumas e disfraces moi diversos,

Page 30: Caderno de resina vermella

30

con búsola e castigo do lugar

onde dormen os homes e as deusas

cuxa saia é de xade e de distancia.

Page 31: Caderno de resina vermella

31

A muller inventa o mundo e é azul.

Parece cotián na súa simpleza,

a súa límpida cántiga dos obxectos

na materia soa e reservada

con que comezan o tempo e o ritual

do té que abre o seu arume nas mágoas

e cancela a historia, os rigores,

os campamentos vermellos da ira.

A muller inventa o mundo e é azul.

O cruel temperamento do granito

desarma os seus moluscos, os espellos

da rocha que torna maleábel

e esfaragulla as convicións,

nocello tan flexíbel como a auga

que rota sobre si a súa levidade.

E o azul non é da caneta da infancia,

do bic e do seu costume no ouvido,

mais do sangue enteiro e persistente

que coseu as alcatifas, os lenzos,

as melfas, as zozobras e os caftáns

con flores que esqueceron o cobalto

Page 32: Caderno de resina vermella

32

no seu estoupido azul contra a morte;

o mesmo sangue firme que circula

como un cordón por cousas e persoas

amarrándoas ao vento e as súas finezas,

cortesías de apego e de intemperie.

a Elisa Cerrillo

Page 33: Caderno de resina vermella

33

No exacto centro do seu centro

a muller pinta a vertixe e debrúzase.

Como os gatos pretos da noite,

camiña arredor, mide o baleiro,

debrúzase ao seu avespeiro, o seu intervalo

de dor a dor, o seu pendurar no abismo

e achega ambos os pés, a conxuntura

en que o barranco engole as palabras,

seixos xa vencidas polo seu lastre.

Co seu rancor purísimo e amargo

que é a fermentación da mentira,

a muller verte ácido carbónico

no seu esterno, o óso coraxoso

cuxa forma é a fenda, a fractura

na concentración da materia.

Verte tamén vinagre e disolventes

sobre o seu corazón como unha foxa

e no abismo pinta un novo abismo,

un burato preto en que a luz

nunca non pode saír, fica esixida

á súa longa desfeita, a súa fortuna

dos días fatídicos, as súas teimas.

Page 34: Caderno de resina vermella

34

Debruzada ao seu pozo, xa invisíbel,

entrégase ña paixón, á noite escura,

á vertixe pintada sobre o óso

de quen no andar vinte e oito

na súa azotea e a súa angustia vertical,

se tisna con carbón, tinxe a súa pel

de preto sobre preto e ensombrece

desaires, precipicios e basaltos.

Soamente brilla o medo, o corazón.

a Reina María Rodríguez

Page 35: Caderno de resina vermella

35

As palabras que masca a muller

son lodo a se deslocar na boca

como un tsunami porco e non remoto.

Entra e sae a furia sen esquinas

e os dentes fican entupidos, dificultan,

tropezan con pneumáticos e corpos,

con proporcións minúsculas de fe.

O mar traba a súa propia lingua até sangrar

e despois do derrubamento, a imprudencia,

a cólera arrasada pola escuma,

adormece serenísimo e feliz

como un cativo canso de correr

tras as gaivotas brancas e carnívoras.

As palabras que masca a muller

son lodo a escorregar polo seu corpo

como un tsunami porco e non remoto.

Cando ela recompón o corazón,

o seu cabelo esgallado que as algas

coseron de verde e de violencia,

as pernas como versos heptasílabos

dun haiku lacerado na súa metade

e mudo na mudez de cinco tons,

Page 36: Caderno de resina vermella

36

afasta da súa pel os peixes mortos,

as escamas douradas das carpas,

o amianto adherido á súa dor.

Da cuncha sen nácara nen coral

xermola enteira e núa a muller

como Venus murcha e rexurdida.

Page 37: Caderno de resina vermella

37

ÍNDICE

7 A muller pinta os seus pés de verde e sobe neles

9 Cando comeza o día, a muller

11 Como os elefantes, a muller 13 A muller pinta os seus pés de vermello e descálzase

15 Sobre o seu peito morto, a muller

17 La muller pinta o corpo de azafrán

19 Sobre o esmalte rosa das unllas

21 A muller é un belo, implacábel animal

23 No limite exacto do seu corpo

25 A muller pinta de chumbo as súas mamilas

27 Cun marcador de ponta verde

29 A muller é un paxaro que arrasa

31 A muller inventa o mundo e é azul

33 No exacto centro do seu centro

35 As palabras que masca a muller

Page 38: Caderno de resina vermella

38

Page 39: Caderno de resina vermella

39

Page 40: Caderno de resina vermella