Raoul Coutard (1924-2016)

6
Raoul Coutard N: 16 de setembro de 1924, París (Francia) M: 8 de novembro de 2016, Labenne (Francia) Raoul Coutard (E) e Georges Liron (B) na rodaxe de La 317ème section © Jean Garcenot

Transcript of Raoul Coutard (1924-2016)

Page 1: Raoul Coutard (1924-2016)

Raoul CoutardN: 16 de setembro de 1924, París (Francia)

M: 8 de novembro de 2016, Labenne (Francia)

Raoul Coutard (E) e Georges Liron (B) na rodaxe de La 317ème section © Jean Garcenot

Page 2: Raoul Coutard (1924-2016)

Raoul Coutard naceu en París en 1924. O seu pai traballaba como contábel nunha empresa farmacéutica e Raoul de mozo soñou con estudar química. Aprobou o exame de ingreso mais ao non dispoñer dos cartos para a matrícula tivo que renunciar e empezou a traballar nun laboratorio fotográfico.

En 1945 alistouse no exército francés para participar na guerra de Indochina; logo de cumprir o tempo de servizo obrigatorio, especializouse na fotografía de guerra para o servizo de información militar. No actual Vietnam viviu en total once anos, nos que acabou exercendo tamén de fotógrafo freelance para Paris Match, entre outras.

En Hanoi fíxose amigo doutro fotógrafo, Pierre Schoendoerffer, e os dous acordaron un pacto: o primeiro que conseguise facer un filme axudaría ao outro. E o primeiro foi Pierre, que en 1958 debutou na dirección con La Passe du Diable, con Raoul como director de fotografía. Daquela non sabía literalmente en que consistía ese oficio.

Pierre Schoendoerffer na Cinémathèque française. Imaxe de Roman Bonnefoy [Romanceor], CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=3579951

Page 3: Raoul Coutard (1924-2016)

Contou en 2012 nunha entrevista en Film Comment:

“Nese primeiro filme, que foi moi complicado, non tiña nin idea do que estaba facendo. Era en cor, para empezar, daquela unha técnica nova, e en cinemascope, que moi pouca xente sabía traballar porque era un sistema propiedade da Fox. E aínda por riba foi rodado durante oito meses en Afganistán. Nunca vin os rushes de volta, só vía telegramas con números”.

Repetiría con Pierre Schoendoerffer (Ramuntcho, Pêcheur d'Islande, La 317ème section, Le Crabe-Tambour) mais axiña se cruzou na súa vida Jean-Luc Godard, que o puxo en contacto coa nova vaga fílmica que estaba a nacer en Francia. Raoul Coutard foi o director de fotografía de À bout de souffle (Godard, 1960), Tirez sur le pianiste (Truffaut, 1960), Lola (Demy, 1961), Chronique d'un été (Rouch & Morin, 1961), Une femme est une femme (Godard, 1961)...

Page 4: Raoul Coutard (1924-2016)

E despois Vivre sa Vie (Godard, 1962), Jules et Jim (Truffaut, 1962), Le petit soldat (Godard, 1963), Le Mépris (Godard, 1963), La Peau Douce (Truffaut, 1964), Bande à part (Godard, 1964), Alphaville (Godard, 1965), Pierrot le Fou (Godard, 1965), Deux ou trois choses que je sais d'elle (Godard, 1967), La Chinoise (Godard, 1967), Week End (Godard, 1967), Z (Costa-Gavras, 1967), La mariée était en noir (Truffaut, 1968), Passion (Godard, 1982), Prénom Carmen (Godard, 1983), Max mon amour (Ōshima, 1986), La Naissance de l'amour (Garrel, 1993), Le Cœur fantôme (Garrel, 1996), Sauvage Innocence (Garrel, 2001)...

Dirixiu tamén os filmes Hoa-Binh (1970, Premio Jean Vigo), La légion saute sur Kolwezi (1980) e S.A.S. à San Salvador (1982).

Page 5: Raoul Coutard (1924-2016)

Raoul Coutard na biblioteca do Fórum Metropolitano

Al final de la escapada (Godard, 1960)

Tirad sobre el pianista (Truffaut, 1960)

Vivir su vida (Godard, 1962)

Jules y Jim (Truffaut, 1962)

Bande à part (Godard, 1964)

La chinoise (Godard, 1967)

Page 6: Raoul Coutard (1924-2016)

Raoul Coutard na biblioteca do Centro Ágora

Al final de la escapada (Godard, 1960)

Jules y Jim (Truffaut, 1962)

Bande à part (Godard, 1964)